Programa As Pontes Contigo
O proxecto de Cidades Compasivas está orientado a fortalecer as capacidades da comunidade para o coidado colectivo das persoas que requiren de coidados paliativos, que sofren soidade ou requiren dalgunha atención especial e das súas familias, persoas coidadoras, profesionais do entorno comunitario e comunidade educativa. Trata de crear unha rede de recursos na comunidade para ofrecer unha atención integral e integrada á persoa, complementando os recursos existentes e creando unha relación de apoio mutuo.
Con este proxecto facilítase información e asesoramento sobre os coidados paliativos, sobre o final da vida, a soidade e a prevención do dó complexo e pedagoxía da morte, así como implicar á comunidade dende a intervención, sensibilización e formación.
OBXECTIVOS
- Inspirar, explicar e implicar cara á importancia e á vocación de coidar, así como, de recoñecer e empoderar aos que o fan.
- Promover valores de compaixón, participación social e solidariedade, có fin de ofrecer axuda social e emocional ás persoas que se atopan en situacións de necesidade, ao final da vida ou en soidade e as súas familias, ao tempo que se busca previr o dó complexo.
- Crear unha cidade sostible, accesible e saudable.
- Reforzar o fomento e a promoción da saúde (física, psíquica e social) en torno ao proceso vital.
DESENVOLVEMENTO DO PROGRAMA
O programa será dividido en varios eixes:
- Análise da realidade.
- Formación aos diferentes axentes implicados no desenvolvemento do programa (ámbito sanitario, social, educativo, empresarial e comunitario).
- Sensibilización á comunidade.
- Intervención e atención directa.
- Desenvolvemento comunitario (considerado como algo transversal ao longo de todo o programa).
Accións desenvoltas neste programa:
- Alianzas con entidades do ámbito sociosanitario
- Xornada de Sensibilización: 3/12/2021 Día da discapacidade e Sensibilización ao alumnado de 2º Grao de Educación Social da Universidade de Santiago.
- Charla formativa sobre a modificación da lei de capacidade xurídica das persoas.