Actividades complementarias

slant-separator

A Xanela promove actividades grupais para promocionar tamén a autonomía, as relación sociais e calidade de vida das persoas interesadas, a través dos seguintes obradoiros:

OBRADOIRO DE BOLILLOS

O obradoiro de bolillos ou encaixe de bolillos é o entrelazado de fíos sobre unha almofada, seguindo un gráfico, debuxo ou motivo. A Xanela conta cunha monitora dende fai 15 anos que é a encargada de levar a cabo dito taller. O obxectivo principal manter a capacidade funcional nos movementos, xestos, relacións persoais, sociais e autoestima.

OBRADOIRO DE ARTES PLÁSTICAS

Ante a demanda dos/as nosos/as usuarios/as, e dos beneficios que se poden aproveitar do arte para mellorar a calidade de vida das persoas con diversidade funcional e persoas maiores, A Xanela puxo en marcha un obradoiro de Artes Plásticas que permite desenrolar a imaxinación, potenciar a autonomía e favorecer á integración. Contamos cunha monitora que acude un día á semana.

OBRADOIRO DE LANATERAPIA

Actividade artesanal na que se traballa a capacidade funcional, require ritmo e axilidade mental, creatividade e iniciativa. Os obxectivos principais son reducir o estrés, mellorar o estado anímico e a motricidade manual e a autoestima.

XIMNASIA E PSICOMOTRICIDADE – SIEL BLEU

Actividade que se desenrola un día a semana, cunha duración dunha hora, onde se realizan exercicios de actividade física para fomentar a mobilidade, motricidade consecuentemente a independencia e autonomía.

HIDROTERAPIA

Actividades terapéuticas realizadas na piscina municipal do Concello, como complemento ao proceso rehabilitador, con fin de mellorar a coordinación, a motricidade, facilitar o control postural e a relaxación muscular.

ACTIVIDADES DE OCIO E TEMPO LIBRE

Actividades destinadas a favorecer as relacións de compañeirismo e fomentar as relacións das persoas usuarias no seu propio entorno, co obxectivo de fomentar a diversión e o gozo do tempo libre.