A Xanela

A Xanela, asociación de discapacitados activos, nace no ano 2000; somos unha entidade independente e libre, sen ánimo de lucro, de carácter voluntario, e considerada de utilidade pública.

Traballamos para coordinar e promover a defensa dos intereses das persoas con diversidade funcional e persoas maiores.

Misión

Mellorar a calidade de vida e o benestar bio-psico-social das persoas usuarias da nosa asociación e dos seus familiares, así como promocionar a autonomía das persoas participantes nos diversos programas e servizos que ofrecemos.

Visión

A Xanela quere chegar a ser unha entidade centrada na atención de persoas con diversidade funcional, valorada no entorno social co que convive, transparente e eficaz na súa xestión e na que o seu equipo de traballo está comprometido.

Valores

Diversidade
Equidade
Confianza
Inclusión
Implicación
Xustiza sociual
Transparencia
Traballo en equipo