Novas
2 semanas atrás
A pasada semana deu comezo un novo obradoiro de arte e reciclaxe na Xanela! Todos os xoves, da man da nosa voluntaria Cristina, iremos descubrindo diferentes técnicas e formas de transformar materiais que xa tiveron unha primeira vida para convertelos en novas creacións.Na primeira sesión comezamos coñecendo a técnica do estarcido, unha maneira sinxela e moi creativa de facer debuxos e estampados utilizando plantillas. E, por suposto, xa estamos a pensar en todo o que podemos facer a partir de aquí!Iremos ensinándovos algunhas das creacións que vaian saíndo deste obradoiro, porque temos a seguridade de que Cristina e as súas mans argalleiras van darnos máis dunha sorpresa 😜#axanela #ConcellodeAsPontes
4 semanas atrás
Esta semana están dando comezo os obradoiros do programa de envellecemento activo Activamente, un programa promovido polo Concello de As Pontes para fomentar un envellecemento activo e saudable, favorecendo que as persoas maiores de 60 anos do municipio se manteñan física, cognitiva e socialmente activas.![]()
E aquí vai un anaquiño de información que nos fai especial ilusión compartir: A Xanela foi a entidade adxudicataria da licitación para desenvolver este programa durante os próximos 3 anos! 😊![]()
Xa estamos, por tanto, mans á obra cos contidos dos obradoiros, que este ano se desenvolverán nas asociacións de veciños de FOCAPA, Campeiras, Painceiras de Bermui e Ribadeume, Magdalena, San Pedro de Eume, Encoro da Ribeira (Marraxón), Vincallo e Raíces de Goente.![]()
Para nós é unha satisfacción poder asumir novamente este proxecto e darlle continuidade nos vindeiros anos, achegando a nosa experiencia e o noso xeito de facer as cousas. Agardamos que a satisfacción non sexa só nosa, senón de todas as persoas participantes! 🥰🥰🥰![]()
Podes consultar a licitación aquí: n9.cl/i9mug![]()
#axanela #ConcellodeAsPontes #envellecementoactivo
...
2 meses atrás
Seguimos co noso roteiro cultural! Onte achegámonos ata Bergondo para visitar o Pazo de Mariñán e coñecer un chisquín máis da nosa contorna. Paseamos polos seus impresionantes xardíns de estilo francés e descubrimos algúns detalles da historia e patrimonio do Pazo. No interior non estaba permitido sacar fotos, así que non podemos ensinarvos esa parte, pero si podemos chivarvos que nos chamaron a atención os cadros de Modesto Brocos e, sobre todo, o coro, que tiña unha acústica espectacular!![]()
Polas caras que traíamos á volta, podemos dicir claramente que houbo quen quedou namorad@ de Mariñán (e non é para menos)! 🥰🥰🥰![]()
Seguimos coñecendo lugares e engadindo destinos ao noso particular roteiro. Quen sabe a onde nos levará a próxima escapada 😉![]()
#axanela #ConcellodeAsPontes #ocioinclusivo
...
2 meses atrás
Onte cambiamos de aires e pasamos a tarde en Pontedeume! Demos un paseíño pola beira do mar e aproveitamos para coñecer un pouco máis esta fermosa vila, amiga e veciña da nosa… Porque ás veces non fai falta ir moi lonxe para pasar un ratiño ben agradable!![]()
Deixámosvos unhas fotos desta pequena escapada, estamos desexando seguir coñecendo outras vilas da contorna en próximas viaxes!![]()
#axanela #ConcellodeAsPontes #ocioinclusivo
...
2 meses atrás
Estes días estamos a ver, tristemente, como varios incendios forestais verdadeiramente pavorosos asolan montes e poboacións. Por iso, onte levamos a cabo un obradoiro no que tratamos esta problemática que se repite ano tras ano, as súas consecuencias e a importancia da prevención.![]()
Primeiro vimos o documental “Queimar o monte”, que aproveitamos para recomendarvos. Despois compartimos impresións e opinións nun coloquio moi interesante e, finalmente, decidimos elaborar un cartel para lembrar unha idea moi importante: ![]()
“Coidar o noso monte. A prevención do lume comeza en nós”.![]()
Porque cada pequeno xesto conta e entre tod@s podemos poñer o noso graíño de area para protexer o noso maior tesouro, que non é outro que o medio onde vivimos.![]()
#AXanela #ConcellodeAsPontes #TodxsContraOLume
...
3 meses atrás
Aquí chegaron, acabadas de saír do forno, as fotos da IV Carreira Andaina Solidaria As Pontes Contigo! Xa podedes buscarvos nelas e volver, por un momentiño, a esa mañá que pasamos xunt@s facendo quilómetros, conversando, animando e colaborando!![]()
Queremos aproveitar para dar as grazas a todas as persoas participantes, ao voluntariado, ás entidades e empresas colaboradoras e ao Concello de As Pontes: Grazas a tod@s por facer posible, un aniño máis, esta carreira solidaria que nos axuda coas nosas actividades e terapias! 🥰🥰🥰![]()
Agardamos que vos atopedes nalgunha foto… E, se non é así, xa tedes unha boa escusa para repetir na próxima edición 😜![]()
#axanela #ConcellodeAsPontes #aspontescontigo
...
3 meses atrás
Hoxe pola mañá achegámonos a compartir un bo ratiño cos compis do Centro de Día de As Pontes, con quen estivemos a preparar flores para a tradicional alfombra floral que este domingo lucirá ao paso da procesión do Carme 😊![]()
Entre flor e flor, houbo tempo para máis: Conversamos, botamos unhas risas e recuperamos forzas cun aperitivo que nos ofreceron (e que nos sentou estupendamente)! E así fomos poñendo o noso graíño de area… Ou, mellor dito, o noso petaliño de flor!![]()
Moitas grazas por recibirnos e compartir esta mañá connosco. Agora só queda agardar para ver o resultado final da alfombra, que, de seguro, quedará preciosa, coma todos os anos 🥰🥰🥰![]()
#axanela #ConcellodeAsPontes
...
3 meses atrás
Onte cambiamos de aires e puxemos rumbo a Ares para pasar unha tarde ben agradable! Paseamos sen présa, gozamos das vistas ao mar, da brisa, do parloteo… E aproveitamos para desconectar un pouquiño da rutina. Que ben senta unha tarde así!![]()
E, claro… Chegou o momento da gran decisión: De que sabor pedimos o xeado?? Porque se hai algo que temos claro é que na Xanela somos un pouco larpeir@s 😋… E un paseo de verán sen o seu correspondente xeadiño non conta igual!![]()
Xa estamos desexando que chegue a próxima escapada!![]()
#axanela #ConcellodeAsPontes #ocioinclusivo
...
3 meses atrás
Cada vez falta menos para a IV Carreira-Andaina Solidaria As Pontes Contigo e queremos lembrarvos algunhas cousiñas importantes!![]()
A primeira delas: non tiredes o dorsal ao rematar a proba! Este ano haberá un sorteo por dorsais, así que gardádeo ben porque será o voso número para participar.![]()
Ademáis, como xa é tradición, teremos tamén o noso sorteo por rifas, con uns estupendos agasallos aportados por entidades e empresas como o Real Club Deportivo de La Coruña, Iberik Hoteles Guitiriz, Eferro , Cafés Candelas ou artistas de Artpo, entre outras (que tampouco vos imos dicir todo 😋).![]()
Este ano tamén estreamos novo percorrido, cun circuito de 1,8 km, do que vos deixamos o mapa para que lle botedes un ollo e vaiades quentando motores!![]()
E aínda hai unha novidade máis! Ese día tamén poremos á venda as totebags da Xanela, perfectas para levar un anaquiño da carreira para a casa 😉![]()
Se aínda non vos apuntastes, aínda estades a tempo. Podedes inscribirvos presencialmente na Xanela ou ben na web www.carreirasgalegas.com/events/iv-carreira-andaina-solidaria-as-pontes-contigo/Ll7xeYmO ata o venres! Despois, poderedes facelo o propio día do evento (pero non nos remoloneedes moito 😜)![]()
Agardámosvos na liña de saída! 🥰🥰🥰
...
3 meses atrás
A IV Carreira-Andaina Solidaria As Pontes Contigo está cada vez máis preto! Se che apetece botar unha man, buscamos voluntariado para colaborar en distintas tarefas:![]()
- Apoio no circuito, orientando e animando ás persoas participantes.
- Colaboración en aspectos loxísticos e de organización do evento.![]()
Non fai falta experiencia, só ganas de formar parte dunha xornada que para nós é moi especial! Se cres que podes axudarnos, ponte en contacto coa Xanela no teléfono (ou WhatsApp) 607 230 249 ou ben no email axanela@axanela.gal!![]()
Anímate a colaborar ou comparte nas túas redes! 🥰🥰🥰![]()
#axanela #ConcellodeAsPontes #aspontescontigo
...
3 meses atrás
O pasado venres celebramos a nosa xa tradicional Festa de verán no Multiusos José Ferro (se vos dicimos o “local do polbo” seguro que xa vos situades 😄).![]()
Levamos uns poucos petiscos e outros poucos doces, que somos xente de bo dente… Pero, sobre todo, levamos moitas ganas de pasalo ben. E con música de por medio… Pois xa temos a diversión servida! Queremos darlles as grazas aos nosos queridos músicos voluntarios, Manolo e Moncho, que unha vez máis puxeron a banda sonora da tarde e fixéronos bailar e cantar. Nesta ocasión, ademáis, tivemos o pracer de contar tamén cunha xove promesa do acordeón, Kevin, ao que lle queremos desexar que siga desfrutando da música e compartindo ese tremendo talento !![]()
Agora chega ese momento do ano no que algunhas persoas collen un descansiño, así que agardamos que desfrutedes dun moi bo verán, que recarguedes as pilas e que voltedes con moitas ganas! E para o resto… Nós seguimos por aquí, que na Xanela o verán tamén está cargado de plans! 😊![]()
#AXanela #ConcellodeAsPontes #FestadoVerán
...
3 meses atrás
Hai excursións que deixan recordos para moito tempo e a que fixemos hai uns días á Ribeira Sacra é unha delas!![]()
A nosa primeira parada foi en Doade, onde iniciamos un agradable percorrido en catamarán polo río Sil, entre impresionantes paisaxes da Ribeira Sacras e interesantes explicacións sobre a historia e particularidades da contorna. E imos confesar unha cousa… Para algunhas das persoas asistentes era a primeira vez que subían nun barco… Con algún nervio ao principio, pero en canto arrancou a travesía xa non querían baixar!![]()
Pola tarde puxemos rumbo ao Muferga - Museo do Ferrocarril de Galicia, en Monforte de Lemos, onde descubrimos auténticas xoias sobre raíles. Tivemos a oportunidade de coñecer, por fóra e por dentro, uns cantos trens, algúns de principios do século XX ou aquel no que Xoan Carlos I viaxou ata España sendo un neno. Foi unha visita moi entretida na que aprendemos un montón de curiosidades e puidemos imaxinar como era viaxar noutras épocas ☺️![]()
Grazas a todas as persoas que compartiron esta xornada connosco. Agora toca revivila un chisquiño a través destas fotos!![]()
#axanela #ConcellodeAsPontes #ocioinclusivo
...