Programa As Pontes Contigo

slant-separator

Programa enmarcado dentro do programa de cidades compasivas da Fundación New Health, o que busca é acompañar e apoiar a persoas maiores, con discapacidade, que sofren soidade ou requiren duns coidados paliativos, dende a intervención directa a través dun traballo en equipo con outros profesionais, e ao mesmo tempo, apóiase á familia en todos os procesos de cambio e duelo. Paralelamente, desenvólvense campañas de sensibilización a toda a poboación e formación a coidadores non formais e profesionais do sector social e sanitario.

O obxectivo principal deste programa é que a persoa teña a mellor calidade de vida posible, establecendo unha relación de axuda e apoio mutuo coa comunidade.

Está aberto a toda a cidadanía que teña esta necesidade, non é imprescindible ser socia da nosa entidade.