

Terapia ocupacional
Rama socio-sanitaria que a través da valoración das capacidades físicas, cognitivas, conductuais e sociais e cun tratamento axeitado das súas capacidades, axuda á persoa a través de actividades significativas a alcanzar o maior grado de independencia posible na súa vida diaria.
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS
- Estimular as capacidades físicas, cognitivas e sociais.
- Manter máximo nivel de autonomía nas AVDB e AVDI.
- Favorecer a inclusión da persoa no seu entorno.
- Valoración e asesoramento para a adaptación funcional do domicilio.
- Indicación, adaptación e entrenamento no uso de produtos de apoio.
- Asesorar ós familiares e/ou coidadores na optimización da súa atención e coidados mantendo a propia saúde do coidador.
- Proporcionar rutinas e hábitos.
ACTIVIDADES
- Entrenamiento e mantenimiento funcional nas ABVD y AIVD.
- Taller de habilidades manipulativas e estimulación sensorial.
- Taller de estimulación cognitiva/psicoestimulación.
- Adaptación ambiental e producto de apoio.
- Ximnasia e psicomotricidade.
Educación social
Profesión transformadora da sociedade, a través da intervención directa con persoas busca a mellora da calidade de vida e benestar das persoas, tanto a nivel individual coma na comunidade.
A educación social busca xerar procesos de mellora nos diferentes ámbitos de actuación que ten. No que nos ocupa, persoas maiores e discapacidade, a premisa principal é velar porque os seus dereitos non se vexan vulnerados, axudar á persoa a seguir sendo autónoma e independente, mellorar no seu benestar bio-psico-social e establecer unha relación de inclusión e participación na comunidade.
Fisioterapia
Rama sanitaria que ofrece tratamento terapéutico e de rehabilitación no farmacolóxico para diagnosticar, previr e tratar síntomas de múltiples doenzas, tanto agudas como crónicas, por medio de exercicios terapéuticos e axentes físicos como a electricidade, ultrasón, láser…
OBXECTIVOS
- Paliar ao máximo a dor dos pacientes.
- Mellorar as capacidades físicas dos pacientes.
- Mellorar o estado psicolóxico dos pacientes mediante a promoción da actividade física axeitada e a realización de exercicios.
ACTIVIDADES
- Sesión grupal de rehabilitación do equilibrio e a coordinación.
- Sesións individuais no propio local.
- Sesións domiciliarias.