Programa de respiro familiar

slant-separator

Deseñado para intervir con persoas con diversidade funcional e persoas maiores con algún tipo de demencia e/ou deterioro cognitivo en fases iniciais e/ou avanzadas e as súas familias, favorecendo así o apoio á conciliación. Este servizo permite proporcionarlle ás familias tempo para o seu descanso, lecer, tempo libre e atención ás súas necesidades que poidan xurdir inesperadamente.

Está aberto a toda a cidadanía que teña esta necesidade, non é imprescindible ser socia da nosa entidade.