O equipo interdisciplinar de A Xanela realiza asesoramentos profesionais totalmente gratuitos a persoas con diversidade funcional e aos seus familiares sobre:
Patoloxías e a súa evolución.
Recursos adecuados para as necesidades existentes.
Recursos para persoas coidadoras.
Accesibilidade no fogar e adaptacións.
Este asesoramento pode realizarse presencialmente ou ben de xeito telemático, baixo cita previa que se pode solicitar por correo electrónico (axanela@axanela.gal) ou nos teléfonos 981452416 e 607230249.