Atención integral ás persoas maiores

Este programa ten como obxectivo principal fomentar o benestar e a calidade de vida das persoas maiores, ofrecendo tamén apoio ás súas familias e coidadores/as.

A través de accións centradas na inclusión social, formación, información e acompañamento, traballamos para responder ás necesidades reais das persoas, potenciando a súa autonomía, previndo situacións de risco e promovendo un envellecemento activo e saudable.

O noso enfoque baséase na colaboración interinstitucional e na sensibilización comunitaria, co obxectivo de recoñecer e valorar ás persoas maiores como un pilar fundamental da nosa sociedade.