Estimulación Cognitiva

Este é un programa interdisciplinario, levado a cabo por varios profesionais técnicos da Xanela: Psicoloxía, Terapia Ocupacional e Educación Social.

Os principais obxectivos do mesmo son:

  1. Estimular e manter as diferentes capacidades cognitivas (memoria de traballo, memoria a curto e longo prazo, atención, cálculo, percepción, razoamento, funcións executivas, etc).
  2. Mellorar a autoestima e a motivación.
  3. Potenciar a independencia e mellorar o desempeño nas AVD.
  4. Mellorar a calidade de vida.

Está dirixido a persoas que presentan algún tipo de deterioro a nivel cognitivo (ben derivado dunha demencia, dun dano cerebral ou do avance propio da idade) e tamén a aquelas que queren realizar actividades preventivas, dispoñendo de dúas modalidades de intervención:

  • Estimulación cognitiva individual.
  • Obradoiro de memoria.

As intervencións axústanse sempre ás necesidades específicas de estimulación de cada persoa, as cales son previamente obxectivadas a través dunha valoración individual inicial e, despois, dunha valoración de seguemento semestral na que se poden detectar posibles novas necesidades.