Rehabilitación Física e Funcional

Co obxectivo principal de manter e/ou mellorar a funcionalidade de membros superiores, control postural e equilibrio, este programa busca:

  • Favorecer o grao de autonomía persoal, calidade de vida e autoestima.
  • Estimular a coordinación motora fina e grosa.
  • Mellorar a forza muscular, elasticidade, axilidade e resistencia.
  • Manter e/ou aumentar o rango de mobilidade articular.
  • Evitar a perda de masa muscular e ósea.
  • Recuperar e/ou manter as sensación internas-externas normais.
  • Favorecer o mantemento dunha postura corporal correcta e o máis funcional posible.

Ditos obxectivos traballaránse mediante unha serie de actividades, entre as que se inclúen:

Exercicios de flexo-extensión, ABD-ADD, pronosupinación, antepulsión-retropulsión, pinzas, coordinación, discriminación, propiocepción, estimulación vestibular, etc.