Respiro familiar
Pensado para favorecer a conciliación familiar e laboral das persoas coidadoras, este programa permítelles ás mesmas dispoñer de tempo para o seu lecer, descanso ou atención a imprevistos, tendo, ao mesmo, tempo a tranquilidade e a seguridade de que o seu familiar atópase nun entorno seguro, baixo supervisión e compaña.
Está aberto a toda a cidadanía, non sendo requisito indispensable a afiliación á asociación.
Para facer uso das horas de Respiro familiar é preciso reservar cun mínimo de 24 horas de antelación (preferible 48 horas). No caso de que o respiro se vaia a realizar un luns, o prazo máximo de reserva é o venres anterior, dado que durante a fin de semana o centro permanece pechado. A reserva pode realizarse mediante correo electrónico (axanela@axanela.gal) ou nos teléfonos 981452416 e 607230249. En todo caso, deberá ser confirmada pola asociación, dado que está suxeita á dispoñibilidade de praza para o día solicitado