Sesións grupais de equilibrio e coordinación
A coordinación motora e o equilibrio son dous compoñentes sensoriomotores esenciais á hora de previr lesións por caídas ou golpes, así como de mellorar posibles vértigos ou mareos. Por isto, é fundamental traballalos de maneira específica, motivo polo cal na Xanela levamos a cabo un obradoiro grupal de equilibrio e coordinación cada semana, no que intervimos mediante exercicios de estimulación propioceptiva, vestibular e psicomotricidade. Ademáis, o feito de traballalo de forma grupal facilita a interacción social das persoas que participan, evitando desta maneira o illamento social.







