Educación social
Atención integral ás persoas maiores
Este programa ten como obxectivo principal fomentar o benestar e a calidade de vida das persoas maiores, ofrecendo tamén apoio ás súas familias e coidadores/as.
A través de accións centradas na inclusión social, formación, información e acompañamento, traballamos para responder ás necesidades reais das persoas, potenciando a súa autonomía, previndo situacións de risco e promovendo un envellecemento activo e saudable.
O noso enfoque baséase na colaboración interinstitucional e na sensibilización comunitaria, co obxectivo de recoñecer e valorar ás persoas maiores como un pilar fundamental da nosa sociedade.
Conectando xeracións na era dixital
O programa “Conectando xeracións na era dixital” é unha iniciativa da Asociación A Xanela que busca reducir a fenda dixital e social das persoas maiores e con diversidade funcional, promovendo a súa inclusión e autonomía.
Obxectivos principais:
- Fomentar o uso de ferramentas dixitais como smartphones, internet e redes sociais.
- Combater o illamento social e mellorar o benestar emocional.
- Promover a colaboración interxeracional mediante a implicación de mozos/as como mentores/as tecnolóxicos/as.
Os obradoiros, dirixidos por voluntarios/as xuvenís, están deseñados para ensinar habilidades prácticas:
- Uso básico de smartphones.
- Navegación en internet e correos electrónicos.
- Redes sociais, videochamadas e aplicacións para a vida diaria.
Este programa non só facilita a aprendizaxe tecnolóxica, senón que tamén combate a soidade, promove a autonomía e crea unha comunidade máis inclusiva e conectada. O intercambio de coñecementos e experiencias entre xeracións é o núcleo desta iniciativa, beneficiando tanto ás persoas usuarias como á mocidade voluntaria.
Estimulación Cognitiva
Este é un programa interdisciplinario, levado a cabo por varios profesionais técnicos da Xanela: Psicoloxía, Terapia Ocupacional e Educación Social.
Os principais obxectivos do mesmo son:
- Estimular e manter as diferentes capacidades cognitivas (memoria de traballo, memoria a curto e longo prazo, atención, cálculo, percepción, razoamento, funcións executivas, etc).
- Mellorar a autoestima e a motivación.
- Potenciar a independencia e mellorar o desempeño nas AVD.
- Mellorar a calidade de vida.
Está dirixido a persoas que presentan algún tipo de deterioro a nivel cognitivo (ben derivado dunha demencia, dun dano cerebral ou do avance propio da idade) e tamén a aquelas que queren realizar actividades preventivas, dispoñendo de dúas modalidades de intervención:
- Estimulación cognitiva individual.
- Obradoiro de memoria.
As intervencións axústanse sempre ás necesidades específicas de estimulación de cada persoa, as cales son previamente obxectivadas a través dunha valoración individual inicial e, despois, dunha valoración de seguemento semestral na que se poden detectar posibles novas necesidades.












Activa-MENTE
Activa-MENTE é un programa educativo e físico que ten por finalidade previr a dependencia en persoas adultas, favorecer a autonomía e mellorar o benestar e a calidade de vida das persoas participantes.
Lévase a cabo en grupo reducido, dun máximo de 7 persoas, centrado na atención e no acompañamento dos usuarios/as en torno as súas necesidades persoais. No ambiente deben primar o bo humor e a socialización con un trato adulto e afable.
Neste taller trabállase o exercicio físico, memoria, atención, linguaxe, creatividade, cálculo e as habilidades sociais, estes contidos levaranse a cabo a través de actividades individuais e grupais, aprenderemos mediante xogos e actividades lúdicas.
Lecer e tempo libre
O obxectivo deste programa é ofrecer ás persoas usuarias alternativas positivas de lecer e tempo libre inclusivo que sexan capaces de fomentar o seu desenvolvemento persoal.
O programa busca indagar os gustos e preferencias das persoas usuarias, promover o coñecemento dos servizos de lecer e tempo libre que se leven a cabo na comunidade que nos rodea, así como o desfrute e respecto polo noso patrimonio natural e cultural, participar nos diversos eventos festivo-culturais que se desenvolvan en As Pontes, incrementar a seguridade, autoestima e a confianza das persoas participantes e mellorar as relacións sociais do grupo, sendo así capaces de crear un ambiente de cooperación, solidariedade e responsabilidade social.
Os obxectivos xerais e específicos traballáranse mediante diversas propostas:
– Actividades socioeducativas.
– Actividades lúdicas.
– Saídas ao exterior.
– Eventos anuais.
– Obradoiros.



















Novas tecnoloxías

As actividades enmarcadas neste programa están destinadas a reducir o impacto da brecha dixital e a vulnerabilidade que esta produce nas persoas.
Nestas sesións favorécese o aprendizaxe do uso das novas tecnoloxías (smartphones, tablets e ordenadores) como medio de mellora da calidade de vida.
A asociación conta, ademáis, con adaptacións específicas para o ordenador, a fin de garantir a máxima accesibilidade e participación nas sesións.
As Pontes Contigo
O obxectivo xeral de As Pontes Contigo é crear unha rede de recursos comunitarios que sexa capaz de ofrecer unha atención integral e integrada á persoa.
Os principais contidos do programa son formación, sensibilización e asesoramento sobre o coidado paliativo, o final da vida, a soidade non desexada, a prevención do dó complexo e a situación das persoas con diversidade funcional e maiores.









