Outros servizos

Obradoiros de envellecemento activo

A Xanela ofrece ás asociacións veciñais a posibilidade de contratar este servizo de envellecemento activo, destinado a persoas maiores de 55 anos, co que se persiguen varios obxectivos:

  • Fomentar o envellecemento activo, favorecendo os hábitos de vida física, social e mental saudables.
  • Retrasar, na medida do posible, a aparición da dependencia mediante actividades estimulativas.
  • Romper o illamento e soidade non desexada.

Ditos obxectivos trabállanse mediante sesións de 90 minutos, dos cales unha parte se adica á estimulación cognitiva e outra á actividade física e psicomotriz.

Se a túa asociación está interesada, podes contactar coa Xanela na sede da entidade ou ben polos medios habituais (correo: axanela@axanela.gal; teléfonos: teléfonos: 981 45 24 16 e 607 23 02 49).

Transporte adaptado

A asociación conta con servizo de transporte adaptado, dispoñendo de prazas para persoas que utilizan cadeira de rodas e de facilidades para a mobilidade de todas as persoas que utilicen o transporte.

Toda aquela persoa que sexa usuaria dos servizos terapéuticos ou das actividades complementarias pode solicitar servizo de transporte adaptado. Tras dita solicitude, faráselle un presuposto en base á kilometraxe existente dende o domicilio ata o centro terapéutico, ademáis dos días que se vaia a utilizar dito servizo.

Dispoñibilidade suxeita á organización das rutas.

Respiro familiar

Pensado para favorecer a conciliación familiar e laboral das persoas coidadoras, este programa permítelles ás mesmas dispoñer de tempo para o seu lecer, descanso ou atención a imprevistos, tendo, ao mesmo, tempo a tranquilidade e a seguridade de que o seu familiar atópase nun entorno seguro, baixo supervisión e compaña.

Está aberto a toda a cidadanía, non sendo requisito indispensable a afiliación á asociación.

Para facer uso das horas de Respiro familiar é preciso reservar cun mínimo de 24 horas de antelación (preferible 48 horas). No caso de que o respiro se vaia a realizar un luns, o prazo máximo de reserva é o venres anterior, dado que durante a fin de semana o centro permanece pechado. A reserva pode realizarse mediante correo electrónico (axanela@axanela.gal) ou nos teléfonos 981452416 e 607230249. En todo caso, deberá ser confirmada pola asociación, dado que está suxeita á dispoñibilidade de praza para o día solicitado

Asesoramento familiar

O equipo interdisciplinar de A Xanela realiza asesoramentos profesionais totalmente gratuitos a persoas con diversidade funcional e aos seus familiares sobre:

  • Patoloxías e a súa evolución.
  • Recursos adecuados para as necesidades existentes.
  • Recursos para persoas coidadoras.
  • Accesibilidade no fogar e adaptacións.

Este asesoramento pode realizarse presencialmente ou ben de xeito telemático, baixo cita previa que se pode solicitar por correo electrónico (axanela@axanela.gal) ou nos teléfonos 981452416 e 607230249.

Obradoiro de lá

O obxectivo principal deste obradoiro é, mediante actividades significativas que  evocan recordos e emocións pasadas, estimular diferentes compoñentes  sensoriomotores, especialmente aqueles relacionados coa motricidade fina, así como a  creatividade, a iniciativa, a interacción social e a cohesión grupal. 

Fanse as adaptacións que se valoren precisas para facilitar a actividade a aquelas  persoas que presenten dificultades na mobilidade.

Esta actividade ten lugar os mércores en horario 16 a 19h.

Obradoiro de Encaixe de palillos

Este obradoiro ten por obxectivo manter as capacidades psicomotrices e sensoriais, así como fomentar as relacións sociais e interpersoais dos e das participantes. Para poder levar a cabo a actividade fanse as adaptacións precisas a fin de garantir a máxima participación posible.

Esta actividade realízase os luns e martes en horario de tarde, de 16 a 19h.

Artes plásticas

Realízanse actividades creativas manuais enfocadas a fomentar o desenrolo psicomotriz, a imaxinación, a paciencia, a destreza, a interacción social e cohesión grupal, sempre adaptados ás necesidades de cada persoa.

Esta actividade realízase os martes en horario 16 a 19h.