Terapia ocupacional
Rehabilitación Física e Funcional
Co obxectivo principal de manter e/ou mellorar a funcionalidade de membros superiores, control postural e equilibrio, este programa busca:
- Favorecer o grao de autonomía persoal, calidade de vida e autoestima.
- Estimular a coordinación motora fina e grosa.
- Mellorar a forza muscular, elasticidade, axilidade e resistencia.
- Manter e/ou aumentar o rango de mobilidade articular.
- Evitar a perda de masa muscular e ósea.
- Recuperar e/ou manter as sensación internas-externas normais.
- Favorecer o mantemento dunha postura corporal correcta e o máis funcional posible.
Ditos obxectivos traballaránse mediante unha serie de actividades, entre as que se inclúen:
Exercicios de flexo-extensión, ABD-ADD, pronosupinación, antepulsión-retropulsión, pinzas, coordinación, discriminación, propiocepción, estimulación vestibular, etc.











Estimulación Cognitiva












Este é un programa interdisciplinario, levado a cabo por varios profesionais técnicos da Xanela: Psicoloxía, Terapia Ocupacional e Educación Social.
Os principais obxectivos do mesmo son:
- Estimular e manter as diferentes capacidades cognitivas (memoria de traballo, memoria a curto e longo prazo, atención, cálculo, percepción, razoamento, funcións executivas, etc).
- Mellorar a autoestima e a motivación.
- Potenciar a independencia e mellorar o desempeño nas AVD.
- Mellorar a calidade de vida.
Está dirixido a persoas que presentan algún tipo de deterioro a nivel cognitivo (ben derivado dunha demencia, dun dano cerebral ou do avance propio da idade) e tamén a aquelas que queren realizar actividades preventivas, dispoñendo de dúas modalidades de intervención:
- Estimulación cognitiva individual.
- Obradoiro de memoria.
As intervencións axústanse sempre ás necesidades específicas de estimulación de cada persoa, as cales son previamente obxectivadas a través dunha valoración individual inicial e, despois, dunha valoración de seguemento semestral na que se poden detectar posibles novas necesidades.
Sesións grupais de equilibrio e coordinación
A coordinación motora e o equilibrio son dous compoñentes sensoriomotores esenciais á hora de previr lesións por caídas ou golpes, así como de mellorar posibles vértigos ou mareos. Por isto, é fundamental traballalos de maneira específica, motivo polo cal na Xanela levamos a cabo un obradoiro grupal de equilibrio e coordinación cada semana, no que intervimos mediante exercicios de estimulación propioceptiva, vestibular e psicomotricidade. Ademáis, o feito de traballalo de forma grupal facilita a interacción social das persoas que participan, evitando desta maneira o illamento social.








Teatro e expresión corporal





Está demostrado que a dramaterapia ten un papel positivo no alivio de moitas condicións de saúde física e mental, constituíndo un tratamento que, mediante técnicas de teatro e dinámicas grupais, favorece e estimula a comunicación e a expresión de emocións, favorecendo a aparición de conductas positivas, aumentando a interacción social e mellorando a autoestima e a calidade de vida das persoas participantes.
Estimulación Sensorial
Trátase dunha intervención cuxo obxectivo primordial é favorecer unha sensación de benestar a través da estimulación dos diferentes sentidos, aos cales se lles proporciona unha experiencia rica e variada de sons, cores, luces, texturas, olores, etc. Mediante esta terapia axudamos á persoa a relacionarse co entorno e a ser conscientes do seu propio corpo.
Na Xanela dispoñemos, para elo, dun carro de estimulación multisensorial Snoezelen, que nos permite traballar todo o mencionado, ademáis de outros materiais que nos permiten estimular o sentido vestibular e a propiocepción.
Este programa está dirixido a persoas con dificultades a nivel sensorial e/ou con trastornos conductuais derivados das mesmas.
Adaptación domiciliaria
O perfil profesional que se encarga de realizar a valoración domiciliaria é a terapeuta ocupacional, quen se despraza ata o domicilio da persoa para realizar unha valoración global que inclúe:
- Valoración completa das diferentes estancias da casa e do acceso ao domicilio.
- Valoración do estado físico e sensorial da persoa.
- Valoración de rutinas e intereses da persoa na realización de tarefas dentro do seu fogar.
Despois desta visita, a terapeuta ocupacional redactará un informe no que detallará as recomendacións técnicas para a correcta adaptación do fogar:
- Modificacións a realizar dentro do domicilio: Adaptación arquitectónica se fose preciso, distribución do mobiliario, elementos perigosos a retirar e elementos de seguridade a colocar.
- Adquisición de produtos de apoio que faciliten a autonomía da persoa na realización das AVD, tanto básicas como instrumentais.
Como acceder ao servizo?
O servizo de adaptación domiciliaria está dispoñible para calquer persoa que o solicite, sen necesidade de asociarse, sendo necesario concertar unha cita, ben presencialmente na sede da asociación ou ben contactando con nós vía telefónica ou vía correo electrónico.
Asesoramento e adaptación de produtos de apoio
Este programa naceu co obxectivo de informar e asesorar ás persoas sobre os produtos de apoio que podan facilitar a súa autonomía persoal, mellorando a calidade de vida, para a realización das Actividades Básicas e Instrumentais da Vida Diaria, mobilidade persoal, participación do ocio e esparcemento ou adaptación do posto de traballo ás necesidades da persoa con diversidade funcional.
Asimesmo, ademáis de asesorar sobre a adquisición de produtos de apoio, tamén se realizan adaptacións dos mesmos e entrenamento no seu manexo.
Se precisas deste servizo, podes concertar unha cita polos medios habituais (presencialmente, por vía telefónica ou ben por correo electrónico).