Asesoramento familiar
Os profesionais da Xanela realizan asesoramentos profesionais (totalmente gratuitos) para as persoas con diversidade funcional e a súa familia no tocante á evolución das patoloxías, adaptacións ou recursos adecuados ás necesidades existentes.
O servizo pódese realizar de xeito presencial ou telemático, sendo necesaria a solicitude de cita previa, por cuestións organizativas. Podes pedila mediante correo electrónico (axanela@cogami.gal) ou nos teléfonos 981452416 e 607230249.