A Xanela, traballando pola inclusión e a autonomía dende o ano 2000!
Somos unha entidade sen ánimo de lucro sita no Concello de As Pontes e creada co fin de impulsar a autonomía, a igualdade de oportunidades e a inclusión social das persoas con diversidade funcional e das persoas maiores

Os nosos servizos están dirixidos a persoas con dano cerebral adquirido (ACV, TCE, danos tras tumores, anoxia ou infeccións), enfermidades neurodexenerativas (Esclerose Múltiple, Parkinson, ELA, Corea de Huntington, etc), Parálise Cerebral Infantil, problemas de saúde mental (ansiedade, depresión, trastorno bipolar, etc), discapacidade intelectual e persoas sen dificultades de mobilidade e/ou cognitivas que buscan
manter o seu estado xeral, así como ás súas familias.