Historia
A Xanela nace en Xaneiro do ano 2000 como entidade libre e independiente, sen ánimo de lucro e de carácter voluntario, impulsada por un grupo de persoas con diversidade funcional coa vontade de coordinar e promover a defensa dos dereitos e o benestar do colectivo dentro do Concello de As Pontes e concellos limítrofes.
No ano 2006 únese á Confederación Galega de persoas con Discapacidade (COGAMI), da que continúa a formar parte actualmente.
En 2013 traslada a súa sede á ubicación actual, un local cedido polo Concello de As Pontes e acondicionado ás necesidades existentes no que poder levar a cabo a súa labor terapéutica e de lecer.
No ano 2021, extende o seu ámbito de actuación da entidade tamén ao colectivo de persoas maiores, dándolle un pulo ao traballo con persoas con deterioro cognitivo leve que precisan dunha atención especializada para mellorar a súa calidade de vida.
Na actualidade, con máis de 250 persoas asociadas, A Xanela conta cun centro terapéutico, ademáis dun local secundario, que permite ampliar o rango de intervencións terapéuticas e de lecer. Ambos atópanse dentro do casco urbano de As Pontes.
Misión, visión e valores
Misión
Mellorar a calidade de vida e o benestar bio-psico-social das persoas usuarias da nosa asociación e dos seus familiares, asi como promocionar a autonomía das persoas participantes nos diversos programas e servizos que ofrecemos.
Visión
A Xanela quere chegar a ser unha entidade centrada na atención de persoas con diversidade funcional, valorada no entorno social co que convive, transparente e eficaz na súa xestión e na que o seu equipo de traballo está comprometido.
Valores
Diversidade
Equidade
Confianza
Inclusión
Implicación
Xustiza social
Transparencia
Traballo en equipo
Organigrama
Asamblea xeral
de persoas asociadas
Xunta Directiva
PresidenciaCarlos Castro
VicepresidenciaMaría del Carmen Fernández
SecretaríaCecilia García
TesoureríaCarlos BaamondeCarlos Baamonde Hernando
VogalíasMª Sol Jarel; Javier Lamas; Mª Magdalena Rivera; Antonio Ribeira; Mª Josefa Candia- Mª Sol Jarel Vilasuso;
- Javier Lamas Pico;
- Mª Magdalena Rivera Montero;
- Antonio Ribeira Bañobre;
- Mª Josefa Candia Ramudo
Persoal
AdministraciónRocío García
Equipo
Interdisciplinar
Educación SocialMaría Sanmiguel
PsicoloxíaElisabeth Jiménez
Terapia OcupacionalAliana Pérez
MonitoresMarisa Hermida Carolina Díguele
Transporte e
MantementoJavier Lamas
Organigrama
Asamblea xeral
de persoas asociadas
Xunta Directiva
Presidencia
Vicepresidencia
Secretaría
Tesourería
Vogalías
Persoal
Administración
Equipo
Interdisciplinar
Educación Social
Psicoloxía
Terapia Ocupacional
Monitores
Transporte e
Mantemento