Asesoramento familiar
Asesoramento familiar
O equipo interdisciplinar de A Xanela realiza asesoramentos profesionais totalmente gratuitos a persoas con diversidade funcional e aos seus familiares sobre:
- Patoloxías e a súa evolución.
- Recursos adecuados para as necesidades existentes.
- Recursos para persoas coidadoras.
- Accesibilidade no fogar e adaptacións.
Este asesoramento pode realizarse presencialmente ou ben de xeito telemático, baixo cita previa que se pode solicitar por correo electrónico (axanela@axanela.gal) ou nos teléfonos 981452416 e 607230249.