Servizos e programas

A Xanela, asociación de discapacitados activos, presta un apoio integral e integrado ás persoas con discapacidade física, psíquica e sensorial e persoas maiores con deterioro cognitivo e/ou algún tipo de demencia leve-moderada, e tamén atende a calquera persoa maior que teña interese en seguir mantendo as súas capacidades activas, co obxectivo de mellorar a súa calidade de vida e benestar e fomentar a súa integración social e das súas familias.

A continuación detállanse os programas que se están a levar a cabo na asociación, de xeito simultáneo e indefinido, atendendo ás solicitudes e necesidades das familias e persoas beneficiarias dos servizos.